Introdución: Unha Galicia, dúas Galicia, moitas Galicias

Antonio Bernárdez Sobreira

Por que optamos no noso traballo por achegármonos á Galicia oriental? É a Galicia oriental exclusivamente interior? A resposta á segunda pregunta é doada: NON. O Grupo de Investigación e Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela distingue tres espazos xeográficos no territorio que coñecemos como Comunidade Autónoma de Galicia. O primeiro sería o chamado <<Eixo Urbano Atlántico>>, un espazo dinámico que abrangue os principais nodos urbanos do país (agás as dúas capitais interiores, Lugo e Ourense) así como boa parte da poboación. Trátase dun corredor meridiano que transcorre paralelo á costa e no que incluímos as Rías baixas (agás Noia), Compostela, o Golfo Ártabro e Ferrolterra. Este eixo concentra <<as principais empresas, institucións e centros de poder de Galiza>> incluíndo portos, aeroportos e a autoestrada do Atlántico (AP-9), auténtico eixo vertebrador do occidente galego. Ao oeste deste núcleo está Costa da Morte, ao leste a maior parte do territorio galego (interior das provincias de A Coruña e Pontevedra e as outras dúas). O segundo espazo serían os chamados <<espazos dinámicos fóra do Eixo Urbano Atlántico>>, é dicir, as capitais provinciais interiores e as vilas, destacando dous espazos emerxentes como son a Mariña de Lugo e a comarca de Valdeorras (val do Sil). Este sería un espazo secundario que concentra os servizos dun amplo territorio que conformaría o terceiro espazo, a Galicia Rural, en claro proceso de regresión demográfica e económica. O segundo e o terceiro espazo conformarían a chamada Galicia Oriental.

Xa que logo, por que optamos pola Galicia oriental? Primeiro porque o noso espazo habitacional e laboral vén pertencendo ao segundo dos citados, en concreto a cidade de Lugo. Pero Lugo é a capital dun amplo nodo administrativo no que atopamos comarcas e vilas dinámicas xunto co mundo rural en crise. A división territorial de Lugo abrangue unha comarca costeira en expansión (A Mariña), comarcas interiores diferenciadas (Lemos, Sarria, Terra Chá, Ribeira Sacra) e características áreas de montaña (Courel, Ancares). Eliximos describir A Mariña, Terra Chá e a Ribeira Sacra pola súa especifidade e as tradicións históricas diversas. Ademais, na descrición da montaña incluímos outros eidos como o Xurés, fronteira natural co norte de Portugal e que xunto con Ancares, Courel e o Macizo Central conforman un espazo de excepcional biodiversidade e refuxio de tradicións etnográficas e culturais ancestrais. Pretendemos así poñer en valor a diversidade xeohistórica da Galicia Oriental e en especial da provincia lucense, remarcando a realidade dunha Galicia plural e complexa, máis aló de tópicos e lugares comúns.

Image

Datos do mapa © dos colaboradores do OpenStreetMap, CC BY-SA

 

REFERENCIA:

Grupo de Investigación Análise Territorial USC (2010): <<Territorio. Unha interpretación actual desde a xeografía>>, Informe Galicia 2010, pp. 89-116.

 

 

 

 


Legal Notice

Image

This page was written by the Spanish team. Only the Spanish team is responsible for its content.
For further information please contact: Jose Armesto o
r María Rodríguez Valcárcel | EPAPU Albeiros
Copyright (c) 2011 by EPAPU Albeiros | Lugo | Galicia | Spain | www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros

Germany

Abendgymnasium Münster Image

www.abendgymnasium-muenster.de
Münster | NRW | Germany

Spain

EPAPU Albeiros

Image

www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros
Lugo |  Galicia | Spain

Netherlands

Horizon CollegeImage

Image

www.horizoncollege.nl
Alkmaar | North-Holland | The Netherlands

Greece

 AEOLIS

Image

www.aeolis.edu.gr
Lesvos Island |  Aegean Sea | Greece 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer