Influxo da lírica provenzal na poesía europea medieval

PrinterSend to friendPDF version

María X. Rodríguez Valcárcel

Os trobadores e xograres occitanos frecuentaron directamente as cortes hispánicas, italianas, inglesas e alemás de forma asidua despois do primeiro decenio do século XIII a consecuencia da diáspora provocada pola cruzada contra os albixenses. Este feito debeu contribuír a difundir os seus modelos poéticos e poría as bases para a formación das escolas nacionais dos troveri, dos Minnesänger, dos galego-portugueses e dos sicilianos.

A relación entre a poesía galego-portuguesa e a provenzal foi abordada en moitas ocasións, ben tendo en conta a perspectiva do contacto persoal entre trobadores occitanos e as cortes hispánicas, ben mediante a asunción de elementos de matriz trobadórica por parte dos poetas galego-portugueses.

Models in the St.James' Way Interpretation Centre, Lugo

Algúns estudosos (como Diez e Lapa) opinan que só é posible atopar un pálido reflexo da influencia provenzal na nosa lírica. Recentes estudos cuestionan esta idea polas semellanzas literais ou case literais de textos de ambas orixes.

Podemos diferenciar dous momentos históricos no influxo da poesía provenzal na poesía europea. Un primeiro período (fins do século XI a fins do XII) caracterizado por unha difusión escasa e un segundo período (século XIII) de máxima irradiación que coincide coa diáspora consecutiva á traxedia albixense durante a cal case todos os grandes protagonistas da poesía provenzal emigran na procura de condicións de vida menos precarias cás ofrecidas na terra de orixe. As cortes que os acollen sitúanse sobre todo na Italia setentrional e en Cataluña; en menor medida, en Francia e Castela. Inglaterra e as cortes alemás de Renania, Turinxia, Austria e Baviera tiveron soamente contactos indirectos e episódicos coa poesía trobadoresca; Inglaterra, a través dos seus dominios pitavinos e aquitanos; Alemaña, en ocasión das rápidas pasaxes de Gaucelm Faidit (1185) e Peire Vidal (1196) pola Europa Central ou cando as estadías dos poetas alemáns do Delfinado, en Provenza, en Arles ou en Italia.

Estes poetas itinerantes atopan en xeral un ambiente favorable á súa actividade poética, pero a receptividade ás innovacións ideolóxicas e formais que ofrecen non é idéntica en todos os lugares. Onde a lingua occitana, pola súa analoxía co idioma local, non representa un obstáculo para a difusión da poesía trobadoresca, a permeabilidade é máxima e mesmo pode ocorrer que poetas autóctonas compoñan os seus textos en occitano: é o caso de Italia setentrional e de Cataluña onde se poden detectar trinta e vinte poetas de ambas as procedencias que optan polo occitano como código poético.

Pola contra, cando a lingua do país de orixe é moi diferente, a penetración dos novos modelos é máis difícil e os produtos trobadorescos son traducidos á lingua literaria local. No curso deste proceso de adaptación o influxo trobadoresco diminúe a vese influído polas achegas das tradicións locais. Este é o caso dos troveri, os Minnesänger e os autores ingleses.

Finalmente, está o caso das áreas máis afastadas nas que os trobadores, a causa das dificultades comunicativas e das diferenzas sociais e políticas, non tiveron a mesma acollida e non puideron exercer un influxo tan directo. Estas áreas son a periferia siciliana e a galego-portuguesa. No caso da primeira, a influencia trobadoresca chega da área alto-italiana xa en parte reelaborada e desenvolveuse sobre todo na corte palermitana de Federico II.

A área galego-portuguesa recibe as innovacións trobadorescas primeiro a través de Barcelona, pasaxe case obrigada para todas as correntes culturais de procedencia occitana e logo a través de Toledo onde se sitúa durante case todo o século XIII a ata a morte de Afonso X o centro máis activo de recolleita, adaptación e distribución no occidente peninsular dos elementos ideolóxicos e formais da poesía cortés. Tamén en Toledo, arredor dos reis de León e Castela Fernando III e Afonso X, se atopa o grupo máis importante de poetas galego-portugueses para os cales esta corte constitúe o punto de encontro coa cultura provenzal e francesa. Na mesma era frecuente a presenza de autores como Guilhem de Montanhagol, Bonifacio Calvo, Arnaut Catalan, Guiraut Riquier e outros.

Como conclusión, podemos dicir que as orixes da poesía culta na área galego-portuguesa confúndense coas orixes da poesía románica en xeral e son reconducibles á matriz trobadoresca común que preside o desenvolvemento da poesía lírica en todo o occidente europeo.

Na nosa área, a Cantiga de amigo afastaríase desta matriz común e, pola contra, relacionaríase coas kharagat mozárabes coas que existen tanto analoxías coma diferenzas de ton e de substancia poética. Ambas as súas serían manifestacións dunha poesía precortés que as precedeu e non deixou pegadas.

BIBLIOGRAFÍA

TAVANI, G. A poesía lírica galego-portuguesa, Galaxia, Vigo, 1986.

Legal Notice

Image

This page was written by the Spanish team. Only the Spanish team is responsible for its content.
For further information please contact: Jose Armesto o
r María Rodríguez Valcárcel | EPAPU Albeiros
Copyright (c) 2011 by EPAPU Albeiros | Lugo | Galicia | Spain | www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros

Germany

Abendgymnasium Münster Image

www.abendgymnasium-muenster.de
Münster | NRW | Germany

Spain

EPAPU Albeiros

Image

www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros
Lugo |  Galicia | Spain

Netherlands

Horizon CollegeImage

Image

www.horizoncollege.nl
Alkmaar | North-Holland | The Netherlands

Greece

 AEOLIS

Image

www.aeolis.edu.gr
Lesvos Island |  Aegean Sea | Greece 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer